O
humanismo renacentista non ve polaridades mutuamente excluíntes entre a ciencia
e as artes. Os estudos de Leonardo en ciencias e enxeñería son tan
impresionantes e innovadores coma a súa obra artística, e foron rexistrados nos
seus diarios e cadernos de notas, que comprenden 13.000 páxinas de texto e
debuxos, asociando arte e filosofía natural.Tales
notas foron realizadas e postas ao día de xeito cotián ao longo de toda a vida
e viaxes de Leonardo.
As
súas notas e debuxos, os máis antigos datados en 1475, mostran unha gran
variedade de intereses e de preocupacións, e mesmo simples listas da compra ou
de diñeiro prestado.Os
diarios de Leonardo parecen estar destinados á súa publicación, dado que moitas
follas teñen unha forma e unha orde que facilitan a edición. En moitos casos,
un só tema, por exemplo, o corazón ou o feto humano, están tratados en detalle,
tanto no texto coma nos debuxos, nunha soa folla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario