jueves, 28 de enero de 2016

MÁQUINA VOADORA DA VINCI

A imaxinación de Dá Vinci era impresionante en ideas relacionadas con máquinas voladoras, incluíndo varios planeadores equipados con ás batibles. Este modelo de carcasa aberta, equipado con asentos e mandos para o piloto estableceu as bases da tecnoloxía aérea. manivelas, poleas, cordas e rodas dentadas conformaron unha fiel réplica das ás e as articulaciones dos morcegos. Non voan pola desproporción entre o peso e a potencia do piloto. Usadas para planear, preceden ao á delta.Este modelo de carcasa aberta , estableceu as bases da tecnoloxía aérea.

INVENTO DE DA VINCI VOLADORAS

ESCAFANDRA DA VINCI

escafandra invento de da vinci



A fascinación de Dá Vinci polo mar espoleó moitos deseños encamiñados á exploración acuática. O seu traxe de buceo, estaba feito de coiro e conectábase a unha manga de aire fabricada con canas e a unha campá que flotaba na superficie. Unha proba de que o artista era ademais un home práctico apréciase ao ver que o traxe incluía unha pequena bolsa para que o submarinista puidese ouriñar nela.

BICICLETA DE DA VINCI

Nun apartado da obra "Codez Atlanticus" de Leonardo dá Vinci xa aparecía un debuxo dunha bicicleta. Leonardo xa pensou nunha transmisión de cadea como nas que se utilizan na actualidade . Estes debuxos foron dispersados polo tempo e quedaron recompilados sen orde nin concerto na biblioteca Ambrosiana de Milán.

jueves, 21 de enero de 2016

PARAFUSO AÉREO

Entre os seus múltiples inventos, destaca o parafuso aéreo. Este supuxo unha gran innovación que serviu como punto de partida para a realización doutros instrumentos. O parafuso aéreo foi ideado en 1486 e é considerado o precursor do helicóptero moderno. O instrumento consistía nunha placa de base circular, cun eixe atravesado por un tornillo duns 10 metros de diámetro, realizado cunha estrutura de canas, revestidas de tea, de lino almidonado, e reforzado por un bordo metálico. Nas anotacións xunto ao debuxo, Leonardo especificaba con precisión as medidas do instrumento. Ao igual, indicaba os materiais a usar: madeira, cana e lona.  A reconstrución do modelo parte do suposto que catro homes se encargasen de mover o eixe para que o tornillo xire rápidamente.

ESCRITOS

Leonardo nunca publicou ou distribuíu os contidos dos seus manuscritos, que permaneceron ocultos ata o século XIX cando as súas contribucións puideron ser incorporadas ao desenvolvemento técnico e científico. Por esta razón L. Sprague de Camp considerábao non como o primeiro enxeñeiro moderno, senón como o último dos enxeñeiros da antigüidade, facendo notar que trala época de Leonardo formalizouse a publicación dos descubrimentos científicos.No 2004 o nome de Leonardo, nunca lonxe da opinión pública, recibiu un pouco máis de atención cá habitual debido á publicación da novela O código Da Vinci, de Dan Brown, unha obra de ficción controvertida polo seu tratamento do Opus Dei e na que a figura de Da Vinci ten un papel importante.

jueves, 14 de enero de 2016

ENXEÑERÍA E INVENTOS

Leonardo da Vinci inscríbese na corrente tecnicista do Renacemento e, como tal, tivo predecesores inmediatos ou máis afastados entre os que se pode citar a Konrad Kyeser, Taccola, Roberto Valturio, Filippo Brunelleschi, Jacomo Fontana ou Leon Battista Alberti, a quen lle debe probablemente moito. Algúns deles foron personalidades máis potentes, cun espírito aínda máis completo e unha curiosidade máis ampla cós de Leonardo. As súas notas conteñen debuxos de numerosas innovacións coma diversas máquinas para voar (o 3 de xaneiro de 1496 ensaiou unha das súas máquinas para voar sen éxito), un helicóptero, armas de fogo, tanques armados, un submarino e un dispositivo con engrenaxes que podería ser unha máquina para calcular. Leonardo chamaba a guerra «pazzia bestialissima» (tolemia salvaxe) e estudou as armas á vez que gardaba distancia sobre o seu uso. Foi probablemente un dos primeiros enxeñeiros da súa época que se interesou polo traballo mecánico dos metais e en particular do ouro, o máis maleable. A súa orixinalidade ponse de manifesto na máquina voadora e nalgunhas máquinas téxtiles, nas que tivo a oportunidade de aplicar o seu sentido da observación á regularidade dos movementos. En 1502 proxectou unha ponte de 240 metros de luz que formaba parte dun proxecto de construción para o Sultán Bajazet II de Constantinopla. A ponte debía servir para franquear o estuario coñecido como Corno de Ouro. Beyazid abandonou o proxecto porque considerou que a construción sería imposible. A obra xamais se realizou, mais no ano 2001 a idea resucitou para a construción dunha ponte en Noruega baseada no deseño de Leonardo. O 17 de maio de 2006 o goberno turco decidiu construír a ponte de Leonardo sobre o Corno de Ouro. En arquitectura estivo influenciado pola obra de Filippo Brunelleschi e proxectou elevar o Battistero di San Giovanni de Florencia, así como crear unha torre-lanterna para a catedral de Milán. Utilizou a miúdo a forma octogonal para os edificios relixiosos e o círculo para os militares. Por mor da epidemia de peste que azoutou Milán entre 1484 e 1485, deseñou unha cidade perfecta teórica con eixos de circulación optimizados e condicións de vida de calidade, nunha visión marcada non polas distincións sociais senón polas funcionais, á imaxe dos órganos do corpo humano. Por desgraza, moitos dos seus estudos sobre arquitectura perdéronse.

ANATOMÍA E MEDICIÑA

A formación inicial de Leonardo sobre anatomía humana comezou mentres aprendía con Andrea do Verrocchio, quen insistía en que todos os seus alumnos tivesen coñecementos de anatomía. Como artista, pronto foi un mestre da anatomía topográfica e realizou numerosos estudos sobre músculos, tendóns e outras características anatómicas visibles. Puxo as bases da anatomía científica, disecando os cadáveres dos criminais baixo estrita discreción, para evitar a actuación da Inquisición. As condicións de traballo foron particularmente penosas debido aos problemas de hixiene e conservación dos corpos. . De 1510 a 1511, colaborou co médico Marcantonio della Torre e, xuntos, compilaron un conxunto de investigacións sobre anatomía con máis de douscentos debuxos feitos por Leonardo que foron publicados baixo o título enganoso de Tratado de pintura, en 1680. E por último , estudou a anatomía de numerosos animais; disecou vacas, paxaros, monos, osos e ras, co único fin de comparar a estrutura anatómica destes animais coa do home, e tamén fixo estudos sobre cabalos.
 

jueves, 7 de enero de 2016

ESTUDOS CIENTÍFICOS

Na década de 1490, estudou matemáticas con Luca Pacioli e realizou unha serie de debuxos de sólidos regulares nunha forma esquelética para que formasen parte do libro Divina Proportione (1509). Estaba fascinado pola idea do absoluto e o universal.. Os seus estudos sobre o voo dos paxaros ou o movemento da auga son sen dúbida moi destacables. Como lle faltaba formación básica en latín e en matemáticas, os investigadores contemporáneos ignoraron ao sabio Leonardo; con todo, o seu sorprendente autodidactismo levouno a aprender latín el só.O seu nivel de física foi bastante limitado, non foi nunca artilleiro e non formulou teoría ningunha relativa á balística. Así e todo, como o testemuñan algúns dos seus esquemas, Leonardo puido intuír, observando un chafariz de auga, que non existía parte rectilínea na traxectoria dun proxectil de artillería, ao contrario do que se cría naquel tempo. Pero non profundou nunha vía que Tartaglia e Benedetti desenvolveron e que culminou Galileo.De igual xeito, estudou os temas relacionados coa luz e a óptica; e en hidroloxía, a única lei que chegou a formular tivo relación cos cursos de auga. No ámbito da química, destaca a posta a punto dun alambique e algunhas investigacións sobre alquimia que practicou en Roma.


LIBROS DE NOTAS

O humanismo renacentista non ve polaridades mutuamente excluíntes entre a ciencia e as artes. Os estudos de Leonardo en ciencias e enxeñería son tan impresionantes e innovadores coma a súa obra artística, e foron rexistrados nos seus diarios e cadernos de notas, que comprenden 13.000 páxinas de texto e debuxos, asociando arte e filosofía natural.Tales notas foron realizadas e postas ao día de xeito cotián ao longo de toda a vida e viaxes de Leonardo.
As súas notas e debuxos, os máis antigos datados en 1475, mostran unha gran variedade de intereses e de preocupacións, e mesmo simples listas da compra ou de diñeiro prestado.Os diarios de Leonardo parecen estar destinados á súa publicación, dado que moitas follas teñen unha forma e unha orde que facilitan a edición. En moitos casos, un só tema, por exemplo, o corazón ou o feto humano, están tratados en detalle, tanto no texto coma nos debuxos, nunha soa folla.