A formación inicial de Leonardo sobre anatomía humana
comezou mentres aprendía con Andrea do Verrocchio, quen insistía en que todos
os seus alumnos tivesen coñecementos de anatomía. Como artista, pronto foi un
mestre da anatomía topográfica e realizou numerosos estudos sobre músculos,
tendóns e outras características anatómicas visibles. Puxo
as bases da anatomía científica, disecando os cadáveres dos criminais baixo
estrita discreción, para evitar a actuación da Inquisición. As condicións de
traballo foron particularmente penosas debido aos problemas de hixiene e
conservación dos corpos. . De
1510 a 1511, colaborou co médico Marcantonio della Torre e, xuntos, compilaron
un conxunto de investigacións sobre anatomía con máis de douscentos debuxos
feitos por Leonardo que foron publicados baixo o título enganoso de Tratado de
pintura, en 1680. E por último , estudou
a anatomía de numerosos animais; disecou vacas, paxaros, monos, osos e ras, co
único fin de comparar a estrutura anatómica destes animais coa do home, e tamén
fixo estudos sobre cabalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario