Na
década de 1490, estudou matemáticas con Luca Pacioli e realizou unha serie de
debuxos de sólidos regulares nunha forma esquelética para que formasen parte do
libro Divina Proportione (1509). Estaba fascinado pola idea do absoluto e o
universal.. Os
seus estudos sobre o voo dos paxaros ou o movemento da auga son sen dúbida moi
destacables. Como lle faltaba formación básica en latín e en matemáticas, os
investigadores contemporáneos ignoraron ao sabio Leonardo; con todo, o seu
sorprendente autodidactismo levouno a aprender latín el só.O seu
nivel de física foi bastante limitado, non foi nunca artilleiro e non formulou
teoría ningunha relativa á balística. Así e todo, como o testemuñan algúns dos
seus esquemas, Leonardo puido intuír, observando un chafariz de auga, que non
existía parte rectilínea na traxectoria dun proxectil de artillería, ao
contrario do que se cría naquel tempo. Pero non profundou nunha vía que
Tartaglia e Benedetti desenvolveron e que culminou Galileo.De
igual xeito, estudou os temas relacionados coa luz e a óptica; e en
hidroloxía, a única lei que chegou a formular tivo relación cos cursos de auga.
No ámbito da química, destaca a posta a punto dun alambique e algunhas
investigacións sobre alquimia que practicou en Roma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario