Non chegou aos nosos días ningunha das súas esculturas. O
proxecto escultórico de Leonardo do que máis se sabe é o dunha estatua ecuestre
que representaba a Francisco Sforza, pai de Ludovico o Mouro. Excedía en tamaño as outras dúas estatuas
ecuestres de bronce feitas no Renacemento: Gattamelata de Donatello en Padua e
Bartolomeo Colleoni de Verrocchio en Venecia. Leonardo executou en arxila o modelo, coñecido
como o "Gran Cabalo". Estaba
previsto que fose unha escultura en bronce, de 8 metros de altura, e alzaríase
en Milán. Preparáronse 70 toneladas de metal para moldeala, mais o monumento
quedou sen acabar durante varios anos, o que non era inusual en Leonardo. En 1495 o bronce usouse para fabricar canóns
para o duque nun intento de salvar Milán dos franceses baixo o reinado de
Carlos VIII de Francia en 1495. Por iniciativa privada, ergueuse en 1999 en
Nova York unha escultura construída segundo os seus planos, que foi doada á
cidade de Milán, onde foi instalada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario