Leonardo non foi un pintor prolífico pero, en cambio, foi un
debuxante moi produtivo; chegou a encher os seus diarios de pequenos esbozos e
debuxos moi detallados para deixar constancia de todo o que atraese a súa
atención. Ademais das notas, existen numerosos estudos das súas pinturas, e
algúns son bosquexos preparatorios de obras como a Adoración dos Magos, A Virxe
das rochas ou A Última Cea. O seu primeiro debuxo datado é a Paisaxe do val do
Arno de 1473, onde se pode observar o río, as montañas, o castelo Montelupo e,
no fondo, as explotacións agrícolas feitas con gran detalle, Entre outros
debuxos de interese destacan numerosos estudos "caricaturescos" que,
aínda que esaxerados, parecen estar baseados na observación de modelos vivos.
Vasari refire que cando Leonardo vía unha persoa que tiña unha cara
interesante, seguíaa durante todo o día para poder observala e debuxala con
detemento.
Outro exemplo da curiosidade de Leonardo é un macabro debuxo
de Bernardo di Bandino, un dos asasinos de Xuliano de Medici na conspiración
dos Pazzi, logo de ser colgado nunha das fiestras do Pazo de Xustiza de
Florencia, o 29 de decembro de 1479, debuxo que se conserva no Museo
Léon-Bonnat de Baiona, adquirido por León Bonnat en 1884.
No hay comentarios:
Publicar un comentario