En novembro de 1515, Leonardo deseñou
un novo proxecto sobre a disposición do barrio de Medici en
Florencia. O 19 de decembro, estivo presente na reunión entre
Francisco I e o papa León X que se celebrou en Bolonia. Francisco I
encargoulle a Leonardo un león mecánico que puidese andar e co
detalle de que o peito se abrise para amosar unha flor de lis. Non
sábese para que ocasión foi concibido este león, pero pode ter
relación coa chegada do rei a Lión, ou coas conversacións de paz
entre o rei e o papa. En 1516 marchou a Francia xunto co seu
axudante, o pintor Francesco Melzi, e quizais tamén con Salai; ou
seu novo mecenas e protector, o rei de Francia Francisco I,
instalounos na casa onde este vivira na súa nenez, o castelo de
Clos-Lucé, preto do castelo de Amboise. Foi o primeiro pintor,
primeiro enxeñeiro e primeiro arquitecto do rei,e recibiu unha
pensión de 10.000 escudos. O rei estaba fascinado con Leonardo e
tratouno como un pai. En 1518 participou nas celebracións do bautizo
do Delfín e dás vodas de Lourenzo de Medici cunha sobriña do rei
francés. O 23 de abril de 1519, Leonardo, enfermo desde había
varios meses, redactou o seu testamento perante un notario de
Amboise. Pediu un sacerdote para confesarse e recibir a
extremaunción. Finou ou 2 de maio de 1519, en Cloux, á idade de 67
anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario