Entre 1495 e 1498 Leonardo realizou A Última Cea, que
representa a última comida compartida por Xesús cos seus discípulos; foi
executada directamente sobre un muro do convento de Santa Maria delle Grazie en
Milán. Leonardo traballaba do alba ao crepúsculo sen deterse para comer, e
deixaba de traballar os tres ou catro días seguintes, o que topou coa
incomprensión do prior do convento. É unha obra mestra na súa concepción e
caracterización, que recibiu a admiración de artistas do talle de Rubens e
Rembrandt. A obra tivo que ser restaurada constantemente debido á técnica
utilizada por Leonardo, e logo dun tempo xa foi descrita por unha testemuña
como unha obra «totalmente danada». Malia todo, é unha dás obras de arte máis
reproducidas.Entre 1499 e 1500, Leonardo pintou unha representación de Santa
Ana, a Virxe, o Neno e san Xoaniño, tamén chamada Cartón de Burlington House,
realizada con xiz negro, albaialde e difumino sobre oito follas de papel
pegadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario