De moito menor tamaño pero de igual
valor simbólico, é o 'Home de Vitruvio'. Este debuxo de 34,4 x 25,5
centímetros mostra as proporcións físicas do ser humano. Tanto na
parte superior como na parte inferior sinálanse unha serie de
dimensións idílicas, non só para o corpo, senón tamén para a
distancia que se abarca ao andar ou a envergadura dos brazos.
Este descubrimento, xunto co estudo do
corpo do home naquela época, marcou un dos grandes logros do
Renacemento. O bosquexo está inspirado nos patróns anotados e
documentados polo arquitecto e enxeñeiro Marco Vitruvio no século I
a. C. A día de hoxe podemos visitalo na Galería da Academia de
Venecia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario