Renacemento é o nome dado a un amplo
movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os
séculos XV e XVI. Foi un período de transición entre a Idade Media
e os inicios da Idade Moderna. Os seus principais expoñentes áchanse
no campo das artes, aínda que tamén se produciu unha renovación
nas ciencias, tanto naturais como humanas. A cidade de Florencia, en
Italia, foi o lugar de nacemento e desenvolvemento deste movemento,
que se estendeu despois por toda Europa.

Desde unha perspectiva da evolución
artística xeral de Europa, o Renacemento significou unha «ruptura»
coa unidade estilística que ata ese momento fora «supranacional».
O Renacemento non foi un fenómeno unitario desde os puntos de vista
cronolóxico e xeográfico: o seu ámbito limitouse á cultura
europea e aos territorios americanos recentemente descubertos, aos
que as novidades renacentistas chegaron tardíamente. Con todo,
moitos destes fenómenos pasan pola súa magnitude e maior extensión
no tempo o ámbito renacentista.