Leonardo era un amante da natureza , a
cal abservaba con gran curiosidade e interesábase por todo. Debuxaba
caricaturas e practicaba a escritura espectacular en dialecto
toscano. Foi así como , apartir de 1466, Leonardo entrou de aprendiz
nun dos abradoiros de arte mais prestixiosos baixo o maxisterio de
Andrea di Cione , coñecido como Verrochio , a quen lle debe parte da
súa excelente formación multiplinaria , na que se aproxima a outros
artistas como Sandro botticelli, Perugino, ou Domenico Ghirlandaio.
Logo dun ano dedicado á limpeza de pinceis e outras pequenas
actividades propias dun aprendiz , Verrochio iniciou a Leonardo nas
numerosas técnicas que se practicaban nun obradorio tradicional.
Así, neste contexto , Leonardo tivo a oportunidades de aprender as
bases da química , da metalurxia, do traballo do coiro e do xeso ,
da mecánica e da carpintaría , así como as diversas técnicas
artísticas coma o debuxo, a pintura e a escultura sobre mármore e
bronce . Ao se decatar do talento excepcional que tiña Leonardo,
Verrochio decidiu confiarlle ao seu alumno terminar algúns dos seus
traballos. Durante este período , recibiu encargos persoais e pintou
o seu primeiro cadro , A virxe do caravel (1476). A partir de 1478
non existen rexistros nin de obras nin do seu paradoiro, aínda que
se acostuma pensar que Leonardo estivese no seu taller , en Florencia
, entre 1476 e 1481. Leonardo con 26 anos decide afastarse do lado do
seu mestre logo de superalo brillantemente en todas as disciplinas .
Deste xeito converteuse nun mestre pintor independiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario