Durante o renacemento alquimista
convertéronse en químicos e alquimia paso ser a ciencia chamada
Química. Xurdiu asi un novo interese polas teorías gregas sobre o
tema. As investigacións realizadas polos alquimistas da idade media
foron usadas para fundar as bases da química moderna. O coñecemento
químico ampliouse bastante e os científicos comezaron a explicar o
universo e os seus fenómenos por medio da química.
Comezan a aparecer obras qúimicas no
sentido moderno das palabra. Doutra banda a alquimia alcanza o seu
apoxeo, e asóciase cada vez máis coa cábala, a maxia e a teosofía.
Todos os coñecementos químicos
desenvolvidos durante a idade media comezaron a ser vistos desde
outra perspectiva mais científica e con perspectiva mais científica
e formáronse as bases sobre as cales a química moderna apóiase.
No nacemento desta ciencia, un dos
primeiros xenios foi Robert Boyle, quen formulou a lei dos gases que
hoxe leva o seu nome. Na súa obra "O Químico Escéptico"
(1661), foi o primeiro en establecer o criterio moderno polo cal se
define un elementoUn século despois de Boyle, os traballos prácticos
realizados polos químicos empezados polos químicos empezaron a
poñer de manifesto que sustancias podían descompoñerse noutras
máis simples e cales non.
Henry Cavendish demostrou que o Osíxeno
se combina co hidróxeno para formar a auga, de modo que esta non
podía ser un elemento. Máis tarde, Lavoisier descompuxo o aire , en
osíxeno e nitróxeno. Fíxose evidente que ningún dos elementos dos
gregos eran tales segundo o criterio de Boyle. A finais do
renacemento co nacemento da química moderna, a alquimia
transformouse nunha ciencia con obxectivos relixiosos ocupando o seu
lugar a química moderna que levaría a cabo descubrimentos
sorprendentes durante os séculos seguintes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario